Nova Oferta de Emprego na Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Oferta de emprego incluída na Convocatoria de Subvencións para o fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.
A Fundación Laboral de la Construcción de Vigo inicia o procedemento para a selección e contratación de dous Auxiliares de Formación.
A Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, realiza esta convocatoria de fomento do emprego.
Información da Oferta:
Funcións e Perfil:
Posto de Traballo: Auxiliar de Formación
Número de Postos Ofertados: 2
Nivel de Cualificación: Grupo de Cotización 5
Convenio Colectivo Aplicable: Convenio Provincial da Construcción da provincia de Pontevedra
Xornada Laboral: Tempo Completo
Data Prevista de Incorporación: 01/06/2017
Data Prevista de Finalización: 30/09/2017
Centro de Traballo: Fundación Laboral de la Construcción, Vigo
Xornada Laboral: Tempo Completo
Requisitos:
Requisitos para a presentación da candidatura: Estar empadroado no Concello de Vigo con data anterior a 01/01/2016 e constar como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Nivel Mínimo de Estudios: Bacharelato, Ciclo Superior / FP II ou superiores
Competencias a valorar: Habilidades Sociais e Competencia Dixital
Valorable a experiencia nos seguintes eidos:
Traballos relacionados coa formación para o emprego
Prevención de Riscos Laborais
Sector da Construcción
Expedición da Tarxeta Profesional da Construcción.
Presentación de candidaturas:
Procedemento: Remitir a candidatura (ca documentación referida) por correo electrónico o enderezo ccoloret@fundacionlaboral.org
Documentación Precisa para participar no Proceso:
Currículum Vítae actualizado, Tarxeta de demanda de emprego actualizada, Certificado de Empadroamento e Acreditacións de Interese para o proceso selectivo.
Prazo de Presentación de Candidaturas: Entre o 16 e o 23 de maio do 2017
Prazo de Valoración de Candidaturas: Entre o 23 e o 25 de maio do 2017
Xunta da Comisión de Seguimento: 26 de maio do 2017
Peche do proceso selectivo e comunicación ás persoas seleccionadas: 26 de maio do 2017
Incorporación ao posto de traballo: 01 de xuño do 2017
Máis Información:
Fundación Laboral de la Construcción de Vigo
Camiño da Raposeira, 24. 36214 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 413 760 / Fax: 986 416 383
* INFORMACIÓN AOS CANDIDATOS/AS: O proceso selectivo e a contratación estarán sometidas ao ditame de Resolución da concesión de axudas convocadas a través da Orde de Convocatoria de Subvencións para o fomento do emprego, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, as comunidades de montes e as entidades empresariais, para o ano 2017. Polo que o inicio da prestación de servizos a cargo do contrato de traballo estará exposto ós cambios que a vista da Resolución poideran surdir.