A Fundación Laboral de la Construcción ofrece 1.300 prazas de formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector
A entidade paritaria impartirá nos seus seis Centros de Galicia un total de 28 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España
A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de 28 accións formativas, de carácter non formal, dirixidas á “cualificación e recualificación da poboación activa no sector da construción que se axusten ás necesidades máis inmediatas de formación do capital humano das empresas que integran o sector e que permita a actualización das competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial da construción”.
Dirixidas a traballadores/as en activo do sector da construción e/ou desempregados/as coa tarxeta de demanda de emprego en vigor, a entidade paritaria ofrece máis de 1.300 prazas para participar nestas accións formativas, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, e promovidas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
28 accións formativas en construción
As 28 accións formativas, para as que xa está aberta a inscrición, son ‘Colocación de paneis de material illamento polo exterior en SATE, fachadas ventiladas e cubertas’, ‘Colocación de paneis de material illamento polo interior en trasdosados, teitos e chans’, ‘Instalación de carpintería exterior de aluminio e PVC’, ‘Teoría de albanelería de fábricas e cubertas’, ‘Operador de guindastre-torre. Recepción e utilización’, ‘Operador de guindastre-torre. Compoñentes e emprazamento’, ‘Operador de guindastre-torre. Operacións’, ‘Operador de guindastre-torre. Mantemento’, ‘Operacións de guindastre autocargante. Iniciación’, ‘Operacións de guindastre autocargante. Perfeccionamento’, ‘Operacións de máquina retrocargadora. Iniciación’, ‘Operacións de máquina retrocargadora. Perfeccionamento’, ‘Operador de motoniveladora’, ‘Operador de maquinaria de estendido de firmes e pavimentos’,’Operacións de minicargadora-miniexcavadora', ‘Operador de manipulador teléscópico. Perfeccionamento’, ‘Montaxe de andamios apoiados’, ‘Procedementos e técnicas de acceso e posicionamento mediante cordas (traballos verticais). Nivel I’, ‘Nivel básico de prevención de riscos laborais en construción’, ‘Presupostos, medicións e certificacións con Presto’, ‘Modelado básico de BIM en proxectos de edificación con Revit’, ‘Aplicación práctica de BIM en proxectos de edificación con Revit’, ‘Modelado 3D de edificios utilizando tecnoloxías inmersivas e de realidade aumentada para a construción 4.0’, ‘Maquetación de edificios utilizando tecnoloxía aditiva na construción 4.0’, ‘Encargado de obra. funcións, planificación e xestión I’, ‘Encargado de obra. funcións, planificación e xestión II’, ‘Encargado de obra. interpretación documental, replanteos I’ e ‘Encargado de obra. interpretación documental, replanteos II’.
Estas accións formativas, de carácter non formal, están vinculadas a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Impartiranse presencialmente nos Centros que a Fundacion Laboral de la Construcción ten en Arteixo, Lugo, Narón, Santiago de Compostela, Vilamarín (Ourense) e Vigo a partir deste mes de xullo.