A compravenda de vivendas en Galicia cae un 12,4% en Galicia en 2023, máis que a media
Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística reflexan que se rexistraron 19.149 operacións, un retroceso maior que a media estatal situada no 9,7% de descenso
A compravenda de vivendas en Galicia sufriu un retroceso do 12,4% durante 2023 ata as 19.149 operacións, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
O descenso é superior ao 9,7% de caída en España, onde se rexistraron 586.913 operacións. A caída de Galicia é a sexta maior entre comunidades, con Baleares (-19,9%) co peor dato. A única comunidade na que repuntaron as compravendas de vivienda foi Asturias (5,6%).
Esta caída prodúcese logo de dous anos consecutivos de incremento de compravendas de vivendas en Galicia. En 2021 situáranse en 19.815 operacións e en 2022 chegaran ás 21.864.
Redúcese un 3,4% o número de fincas transmitidas
En Galicia tamén se reduciu un 3,4% o número de fincas transmitidas respecto a 2022, quedando en 105.336, das cales 70.839 foron urbanas e 34.497 rústicas.
A nivel nacional, a compravenda de vivendas rexistrou en 2023 un descenso do 9,7% con respecto ao ano anterior, ata un total de 586.913 operacións. Este retroceso na compravenda de vivendas débese á diminución tanto das operacións sobre pisos de segunda man como ao das compravendas de vivendas novas.
As hipotecas descenden un 22% en Galicia en 2023
As hipotecas formalizadas en Galicia durante 2023 chegaron á cifra de 12.336, unha reducción de case un 22% respecto ao ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Os altos tipos de interese lastran o número de hipotecas que caeu das 15.802 formalizadas en 2022 ás 12.336 de 2023.
Este descenso no número de hipotecas na comunidade galega foi o segundo maior de todo o territorio nacional, só superado por A Rioxa, cunha caída do 36,1%. O descenso da media nacional situouse no 17,8%.