900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Xornada sobre 'Construíndo Emprego na Construción' da Asociacion de Empresarios da Construción de Ourense o 22 de marzo en Previsel

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia presentará o 22 de marzo en horario de 11.00 a 12.30 horas os servizos en materia de prevención de riscos laborais e emprego da entidade paritaria dentro dunha das actividades de Previsel, o 16º salón da prevención e a seguridade laboral que se celebra en Expourense. 

New Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción de Galicia participará o vindeiro 22 de marzo na xornada 'Construíndo Emprego na Construción' que organiza a Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) dentro das actividades de Previsel, o 16º salón da prevención e a seguridade laboral que se celebra en Expourense. 

A entidade paritaria presentará os servizos en materia de prevención de riscos laborais e emprego da entidade paritaria no evento que terá lugar en Expourense (Sala de Actividades, Finca Sevilla s/n 32.005 Ourense) o 22 de marzo en horario de 11.00 a 12.30 horas.

O evento está dirixido a participantes interesados/as en coñecer as oportunidades laborais do sector da construción en Galicia.

Programa da xornada

A xornada arrincará a partir das 11:00 horas coas seguintes ponencias:

Formación e Plans de Emprego. Noelia Nieto Gómez. Orientadora Laboral da Asociación de Constructores de Ourense (ACO).

Servizos en materia de Prevención de Riscos Laborais e Emprego: Línea Prevención e Programa Construyendo Empleo. Luis Vázquez de Soto. Responsable Territorial de Seguridade e Saúde Laboral e Emprego (Fundación Laboral de la Construcción de Galicia) e Lucía Veleiro Ferreiro. Orientadora Laboral de Fundación Laboral de la Construcción de Galicia.

Previsel chega á súa 16 edición

Previsel, o salón da prevención e a seguridade laboral, chega este ano á súa 16ª edición. No salón, patrocinado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) da Xunta de Galicia danse cita os vindeiros días 22 e 23 de marzo os expertos na materia co obxectivo de aunar os seus coñecementos e esforzos en materia de prevención a través de obradoiros, charlas e xornadas.

 

Se estás interesado/a en participar na xornada, inscríbete aquí.

Subscribe free to our weekly newsletters .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

For not receive the newsletter you can unsubscribe HERE