900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral de Galicia convoca en Aula Virtual unha nova edición do curso de 'Coordinador/a de seguridade e saúde en construción'

A formación, subvencionada pola Xunta de Galicia, impartirase entre o 3 de maio e o 26 de outubro de 2024 e ten unha duración de 200 horas

 

A asistencia ás clases será online os venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados, de 09:00 a 14:00 horas e só será necesario asistir presencialmente ao Centro de Formación de Santiago para realizar as avaliacións de cada módulo e as visitas a obra

Notícia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia convoca unha nova edición do curso de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde nas obras de construción, que se impartirá por terceira vez na modalidade de Aula Virtual. O curso, subvencionado pola Xunta de Galicia, impartirase entre o 03 de maio e o 26 de outubro de 2024 e ten unha duración de 200 horas. Grazas á modalidade de Aula Virtual, as persoas que se inscriban non terán que desprazarse físicamente ao Centro de Formación salvo para realizar as avaliacións de cada módulo e as visitas a obra.

Con todo, as clases deberán seguirse obrigatoriamente de xeito online os venres en horario de 16:00 a 21:00 horas e os sábados, de 09:00 a 14:00 horas. Para poder conectarse, os/as alumnos/as recibirán unhas claves de acceso coas que poderán entrar nas aulas virtuais e ter acceso aos recursos didácticos do curso. Para iso, os/as alumnos/as deberán dispor de acceso a internet, cámara e micrófono.

Clases presenciais e visitas a obra

Só será necesario asistir presencialmente o día de inicio do curso, ás visitas programadas a obra a partir do 17 de outubro e ás avaliacións de cada módulo que se realizarán no Centro de Fundación Laboral de la Construcción de Santiago de Compostela (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño). As avaliacións de cada módulo realizaranse nos seguintes días e horarios:

Día de inicio do curso: 3 de maio. Horario de 16:00 a 21:00 horas.
Módulo A: 24 de maio. Horario de 16:00 a 21:00 horas.
Módulo B: 1 de xuño. Horario de 09:00 a 14:00 horas.
Módulo C: 22 de xuño. Horario de 09:00 a 14:00 horas.
Módulo D: 28 de setembro. Horario de 09:00 a 14:00 horas.
Módulo E: 5 de outubro. Horario de 09:00 a 14:00 horas.

No módulo F de prácticas que se imparte do 17 ao 29 de outubro haberá, cando menos, tres visitas a obras que se programarán a principios de setembro e que serán totalmente presenciais (previstas os días 17, 18 e 24 de outubro). O resto de días sen visitas impartiranse prácticas a través de Aula Virtual.

Quen pode inscribirse

Esta acción formativa está dirixida a aquelas persoas que desexen adquirir os coñecementos en materia de prevención de riscos laborais necesarios para exercer o posto de Coordinador/a en materia de seguridade e saúde.

Poden inscribirse ata o 30 de abril de 2024 demandantes de emprego, ocupados/as de réximen xeral e autónomos/as que non teñen por que estar no convenio de construción e que dispoñan de titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador/a que serán as de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Documentación necesaria para a inscrición no curso

Para inscribirse neste curso, é obrigatorio entregar no Centro de Formación de Santiago de Compostela de Fundación Laboral de la Construcción (Rúa Pontepedriña de Arriba, 13 (zona Romaño) ou enviar por email a Rosa Calvo (rcalvo@fundacionlaboral.org) a seguinte documentación:

1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

2. Fotocopia do D.N.I do alumno/a.

3. Fotocopia compulsada da titulación académica habilitante para o desempeño das funcións de Coordinador/a que serán as de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a ou enxeñeiro/a técnico/a. A copia debe estar compulsada pola Xunta ou por un notario. A fotocopia compulsada enviarase ao Centro da Fundación Laboral de la Construcción de Santiago antes do inicio do curso.

4. O alumno deberá cumprimentar unha declaración de que dispón de medios técnicos propios suficientes para participar adecuadamente na acción formativa.

Requisitos mínimos para obter o diploma

Para obter o diploma, hai que asistir ao 80% das horas do curso e conseguir unha puntuación media global igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e realizar o 100% das actividades propostas. 

Saídas laborais ás que dá acceso esta formación

Esta formación outorga os coñecementos sobre prevención de riscos laborais que son recomendables para exercer as funcións que se lle asignan ao Coordinador/a en materia de seguridade e saúde tanto durante a elaboración do proxecto de obra, como durante a execución da mesma no Real Decreto 1627/1997, conforme ao programa de formación proposto na Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Ademáis, o curso permite aos alumnos que o superen inscribirse no Rexistro de Coordinadores da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 153/2008, do 24 de abril, polo que se crea o Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción (DOG núm. 145 do 29 de xullo de 2008).

 

Podes descargar aquí a Ficha de inscrición para o curso, a declaración de que dispón de medios propios suficientes para participar e o calendario de clases.
Para máis información, contacta con Rosa Calvo por email: rcalvo@fundacionlaboral.org ou por teléfono: 981983536.

Subscrigui’s gratuïtament al nostre butlletí setmanal de notícies. .

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Per no tornar a rebre el butlletí pots donar-te de baixa AQUÍ