900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral arranca unha nova edición do programa integral de emprego

O servizo, dará resposta ás necesidades dos traballadores en situación de desemprego, mellorando as súas posibilidades de inserción laboral

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción foi beneficiaria do programa de emprego "Pre- Ocúpate + 2". Programa que comezou no mes de decembro en toda Galicia para atender a 100 usuarios, que terán oportunidade de formarse e recibir unha orientación individualizada, que lles permita mellorar a súa empregabilidade. O devandito programa, conta có financiamento da Xunta de Galicia

O programa conta coa participación de traballadores en situación de desemprego de diferentes concellos de Galicia, maioritariamente con perfís profesionais relacionados có sector da construción e afíns. As accións que está a levar a cabo a Fundación Laboral están encamiñadas a acadar a incorporación ao mercado laboral dos participantes no plan, ao tempo que se  proporciona ás empresas os traballadores cualificados que precisan. Entre as accións planificadas, temos:

  • Plan de Orientación e Empregabilidade: Realízase un diagnóstico individualizado dos participantes, mediante a valoración da súa formación, dispoñibilidade, experiencias profesionais, aptitudes, actitudes,.. Con este diagnóstico os técnicos da Fundación poden coñecer en que empresas resultará máis valioso o seu perfil.
  • Accións específicas: A Fundación Laboral proporciona a formación específica que precisan os traballadores, solventando as súas carencias curriculares, ao tempo que adaptan o seu currículo ás necesidades das empresas destinatarias. A formación é impartida pola Fundación Laboral, garantindo a súa validez e calidade.

           Entre a formación impartida temos:
           1. Formación en materia de Prevención de Riscos Laborais axustada aos convenios de Construción, Metal, Madeira, Vidro e Rotulación
           2. Formación de Maquinaria (Escavadora, Carretilla elevadora, PEMP, etc)
           3. Traballos Verticais e en Alturas
           4. Espazos Confinados
           5. Montaxe de Andamios
           6. Formación específica dos oficios demandados polas empresas

  • Medidas de acompañamento: Realízase un seguimento continuo do traballador, garantindo a súa valía, compromiso, e adaptación ao posto de traballo, co fin de resolver as carencias formativas que poidan aparecer. A intermediación cá empresa (recepción de vacantes, realización do perfil axeitado, selección de candidatos,...) realízase sempre, sen custe algún para a empresa.    

 

Este servizo está aberto a tódalas empresas que desexen participar, para cubrir as necesidades de contratación que se lles presenten. Os técnicos do proxecto realizarán un diagnóstico exhaustivo que permita cubrir as vacantes cos traballadores máis axeitados.

As empresas interesadas poden contactar cos centros da Fundación Laboral en Galicia (neste enlace están os datos de contacto) ou no correo electrónico do plan: pie.galicia@fundacionlaboral.org, remitirémoslle información ampliada ou concertaremos unha entrevista.

Acceso á versión en castelán

________________________________

A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 18  de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017. (Enlace á Convocatoria)

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ