900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Levamos a cabo un novo programa a medida: Operario de Afincado

Trátase dunha formación desenvolvida a medida, para dar resposta ás necesidades da empresa

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O pasado 24 de abril levouse a cabo un programa desenvolvido a medida para o posto de traballo “Operario de Afincado”. Para iso estudáronse as necesidades da empresa BRAUX Equipos a Medida, a cal, se dedica ao deseño de equipos destinados ao Sector de Enerxías Renovables. O seu sector de actividade require de traballadores cun perfil altamente especializado, que non é sinxelo localizar.

Tralo estudo do posto de traballo, plasmáronse as necesidades formativas requiridas para o seu desempeño, levando a cabo un traballo conxunto entre a empresa, o equipo técnico da Fundación Laboral e o docente.

O programa, de 30 horas, levouse a cabo entre o 24 e 28 de abril no centro da Fundación Laboral en Vigo. O obxectivo proposto no programa, pasa por dotar ao traballador das competencias profesionais para ocupar o posto de operario de afincado; sendo o seu principal cometido a instalación de pilotes metálicos na base dos paneis fotovoltaicos.

A formación realizouse dentro do programa Integral de emprego Pre-Ocúpate+2 (TR332B 2016/33), co que se dá resposta ás necesidades dos traballadores en situación de desemprego da comunidade galega. Nesta formación déuselles prioridade aos participantes menores de 30 anos con baixa cualificación, que grazas á formación impartida, acadan unha maior empregabilidade, á súa vez que a empresa consegue profesionais acordes ás súas necesidades.

A acción formativa de Operario de Afincado, forma parte dun grupo máis amplo de actividades que se viñeron desenvolvendo durante os últimos 5 meses. Algunhas orientadas á mellora das capacidades persoais para a procura de emprego, ou o acompañamento na preparación de entrevistas de traballo. E outras orientadas á adquisición de novas competencias profesionais para o aumento das posibilidades de inserción laboral. En paralelo estanse a levar a cabo prácticas profesionais non laborais en empresas, acandando a inserción laboral dunha boa parte dos participantes.

O programa forma parte do Plan de Emprego de Galicia, có financiamento da Xunta de Galicia; destinado a mellorar as competencias profesionais e a inserción laboral dos seus participantes. O plan ten unha duración dun ano, estando prevista a súa finalización o 30 de novembro de 2017. Durante o programa espérase alcanzar a inserción laboral de polo menos o 40 % dos beneficiarios/as no programa.

 

Acceso á versión en castelá

________________________________

A presente convocatoria correspóndese coa ORDE do 18 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017. (Enlace á Convocatoria)

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ