900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

A Fundación Laboral achega a máis de 5.000 alumnos/as de secundaria o programa ‘Ti elixes’ da Xunta contra os estereotipos en construción

A entidade paritaria rematou a súa quinta colaboración coa campaña, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ofrecendo 212 charlas en 65 centros educativos de Galicia para impulsar a presenza de mulleres en sectores masculinizados coma o da construción.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

Fundación Laboral de la Construcción de Galicia achegou a máis de 5.000 alumnos/as de secundaria o programa ‘Que non te líen, ti elixes da Xunta dirixido a favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos con menor presenza de mulleres.

A entidade paritaria rematou este mes de decembro a súa quinta colaboración coa campaña, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ofrecendo un total de 212 charlas a alumnado de 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) en 65 centros educativos de Galicia para impulsar a presenza de mulleres en sectores masculinizados coma o da construción.

Existen traballos de homes ou de mulleres?

Durante os meses de novembro e decembro, persoal técnico da entidade paritaria de Galicia achegouse a 14 centros de educación secundaria de Galicia para impartir 33 charlas coas que se chegou a máis de 900 alumnos/as. 

As sesións da campaña foron impartidas por Lucía Espiño e Diego Vázquez, técnicos/as da entidade paritaria en Galicia e tres traballadoras do sector: Verónica Rivero, arquitecta técnica e xefa de obra; María Lorena Rubín, xefa de obra e Sehila Lozano, operaria de maquinaria pesada e docente da Fundación Laboral. 

Para impulsar a reflexión sobre os estereotipos e roles de xénero ligados ás profesións, plantexáronlles preguntas tales como "Existen traballos de homes ou de mulleres?" ou "Por que pensades que a porcentaxe de mulleres presentes no sector da construción é tan baixo en relación ao de homes?"

As sesións, cunha duración de 50 minutos, celebráronse en 14 centros educativos de Galicia: IES Manuel Murguía (Arteixo, A Coruña), IES de Oroso (Oroso, A Coruña), IES de Carral (Carral, A Coruña), IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña), IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Oleiros, A Coruña), IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña), IES de Monterroso (Monterroso, Lugo), IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis, Pontevedra), IES de Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra), IES da Illa de Arousa (Illa de Arousa, Pontevedra), IES Ricardo Mella (Vigo, Pontevedra) e IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa, Pontevedra).

As mulleres representan o 8,8% das persoas ocupadas do sector

Aínda que a presenza de mulleres nas obras de construción segue a ser moi inferior con respecto aos homes, hai que destacar que, nos últimos anos, se foi incrementando. De feito, hoxe en día, as mulleres representan o 8,8% das persoas ocupadas en construción en Galicia, un aumento do 15,7% respecto a 2023, con 771 traballadoras máis, segundo o informe de Mulleres no sector da construción 2024 elaborado polo Observatorio Industrial de la Construcción

 

Mira aquí o vídeo de presentación da campaña Ti Elixes na canle de YouTube da Xunta de Galicia. 
Tamén podes ver o vídeo de Maruxa Barros, especialista de traballos en altura e docente da Fundación Laboral de Galicia.

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la política de protección de datos.

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ