Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Presentación do contrato programa de formación continua para o sector da construción do ano 2018, financiado pola Xunta de Galicia

O Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, D. José Alfonso Marnotes González, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o Presidente e Vicepresidente do Consello Territorial da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, D. Eligio Nieto Lamas e D. Sergio López Rivera; presentaron o catálogo de cursos que a entidade, co finanzamento da Xunta de Galicia, ofrece as empresas e traballadores do sector.

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

O día 4 de maio de 2018 as 16:00 horas, o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, D. José Alfonso Marnotes González, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o Presidente e Vicepresidente do Consello Territorial da Fundación Laboral de la Construcción de Galicia, D. Eligio Nieto Lamas e D. Sergio López Rivera, presentaron o catálogo de cursos que a Fundación Laboral de la Construcción, co finanzamento da Xunta de Galicia, ofrece as empresas e traballadores do sector. Dito acto levouse a cabo nas instalacións da entidade paritaria en Lugo. Nesta presentación acompañounos tamén o Presidente da Asociación de Empresarios da Construcción de Lugo, D. Hipólito Trinidad, así como vocais do Consello Territorial de UGT-FICA e CCOO Construción e Servizos.

Antes da presentación ós medios desta oferta formativa, levouse a cabo unha visita polo centro, co fin do que os asistentes ó acto puidesen ver os novos equipamentos dos obradoiros. Fíxose unha parada no curso de “Fotografía aérea e fotogrametría para construción e obra civil co uso de drons”, onde se puideron ver as ventaxes que o uso desta tecnoloxía ten para o sector da construción. Este curso forma parte do contrato programa que se presentou neste acto.

Marnotes sinalou que un dos retos actuais do Goberno galego é adaptar a formación para o emprego aos novos perfís profesionais que está demandando o tecido produtivo inmerso na transformación dixital. Destacou, ao respecto, a importancia de que as empresas poidan contar con traballadores formados á carta para que poidan ser máis competitivas e, por tanto, seguir impulsando en Galicia o emprego de calidade. En palabras do director xeral, a formación de calidade é unha prioridade para o Goberno galego e, por iso, está poñendo en marcha programas para favorecer a empregabilidade das persoas que buscan un posto de traballo e actualizar a formación das persoas que xa traballan.

A oferta formativa incluída neste programa formativo é gratuíta para os destinatarios, pudendo escoller entre unha ampla oferta de accións formativas. 

Podes ver a oferta completa, neste enlace: 

http://galicia.fundacionlaboral.org/actualidad/noticias/fundacion/nuevo-programa-de-formacion-gratuita

 

Suscríbete gratis a nuestro boletín semanal de noticias.

=

He leído y acepto la cláusula de protección de datos del Boletín

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ