Información importante sobre cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continuas navegando, consideramos que aceptas su uso. OK | Más información

900 11 21 21

L-J 9:00 - 19:00
V 9:00 - 15:00

Novo Programa Integrado de Emprego en Galicia que dará servizo a 100 participantes

Construíndo Emprego: proporcionará formación e asesoramento na busca de emprego

Noticia Galicia
Fuente - Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral de la Construcción foi beneficiaria do programa integrado de emprego "Construíndo Emprego". Programa con data de comezo no mes de novembro e que prestará servizo a 100 usuarios galegos dos concellos de Arteixo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo; que grazas a este programa, terán a oportunidade de formarse e recibir unha orientación individualizada que lles permita mellorar a súa empregabilidade.

A duración do programa é dun ano, comezando no mes de novembro e rematando en novembro do 2019. 

Colectivos destinatarios do programa: 
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación: 60 participantes
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas: 40 participantes

 

Os destinatarios contarán con perfís profesionais maioritariamente relacionados có sector da construción e afíns que participarán nas accións encamiñadas a acadar a súa incorporación ao mercado laboral, ao tempo que se  proporciona ás empresas os traballadores cualificados que precisan. Entre as accións planificadas, temos:

  1. Plan de orientación: Realízase un diagnóstico individualizado dos participantes, mediante a valoración da súa formación, dispoñibilidade, experiencias profesionais, aptitudes, actitudes,.. para a elaboración dun itinerario personalizado de emprego.              
  2. Programas de formación.
  3. Accións de intermediación e prospección de emprego: Intermediación laboral coas empresas para acadar a inserción dos participantes. Incluíndo a Posibilidade de realización de prácticas profesionais.
  4. Medidas de acompañamento e conciliación: Para posibilitar o seguimento do plan, poranse en práctica distintas medidas: 
  • Flexibilidade horaria nas accións individuais, adaptándose ás necesidades dos candidatos cun amplo horario.
  • Técnicos de orientación dispoñibles nun amplo horario para consulta e asesoramento continuado ben presencial como por vía telemática.
  • Bolsas e axudas: Para o transporte, asistencial, conciliación e vítimas de violencia de xénero
  • Realización de accións en modalidade online, co uso das novas tecnoloxías se permite unha mellor conciliación da vida familiar e laboral, toda vez que permite a realización de actividades en calquera momento e a calquera hora.

No tocante á formación, levaranse a cabo os seguintes programas: 
Programa de Formación en competencias transversais: 

  • Novas tecnoloxías
  • Internet como ferramenta para a procura de emprego
  • Habilidades sociolaborais e motivación
  • Obradoiros de entrevista de traballo
  • Elaboración de CV
  • Emprendemento e creación PEMEs
  • Mobilidade xeográfica. 

Programa de Formación para o emprego: para dar resposta ás carencias dos participantes e adaptar o seu currículo ás necesidades da empresas, manifestadas nas reunións que culminaron en acordos de colaboración, quedaron establecidos dous itinerarios: Operarios da Rehabilitación Enerxética de edificios e Operarios da Industria 4.0. Contando con accións destinadas a traballadores con coñecementos básicos. 

O obxectivo de inserción previsto é dun 45 %, alcanzado a 45 persoas. 

Este servizo está aberto a tódalas empresas que desexen participar para cubrir as necesidades de contratación que se lles presenten. Os técnicos do proxecto realizarán un diagnóstico exhaustivo que permita cubrir as vacantes cos traballadores máis axeitados. 

As empresas interesadas poden contactar cos centros da Fundación Laboral en Galicia (neste enlace están os datos de contacto) ou no correo electrónico do plan: pie.galicia@fundacionlaboral.org, remitirémoslle información ampliada ou concertaremos unha entrevista.

O devandito programa, conta có financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia. 

________________________________

A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 31  de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018. (Enlace á Convocatoria)

Suscríbete gratis a nuestros boletines de noticias.

=

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS:

  • Responsable del tratamiento: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN.
  • Finalidad del tratamiento: mantener al usuario informado sobre la actualidad de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN y del sector de la construcción.
  • Legitimación: consentimiento del interesado.
  • Destinatarios: Sus datos no van a ser cedidos a terceros, salvo que exista una obligación legal. Sólo podrán ser tratados por colaboradores de la FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN para la gestión de sus sitios web.
  • Derechos de los usuarios: ejercicio gratuito de derechos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación del tratamiento y portabilidad de los datos tal y como se describe en la información adicional. Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en el siguiente enlace.

He leído y acepto la cláusula de protección de datos del Boletín

Para no volver a recibir el boletín puedes darte de baja AQUÍ