Instalación de Biomasa no novo centro de Ourense
O centro de Ourense conta cunha instalación eficiente basada en renovables
As novas instalacións da Fundación Laboral en Ourense contan con medidas para a mellora da eficiencia enerxética, sendo deseñadas para optimizar o consumo enerxético. Entre estas medidas, levouse a cabo a instalación dunha caldeira de biomasa que permitirá manter o confort do centro, cun consumo responsable.
O proxecto: Instalación de biomasa no centro de formación da Fundación Laboral de la Construcción de Vilamarín, foi subvencionado a través da cofinanciación da Unión Europea, dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020. contqando co apoio do INEGA, a Xunta de Galicia e o FEDER.
"Conseguir unha economía máis limpa é sostible. Unha maneira de facer Europa"