Formación Gratuíta en PRL: Aparellos Elevadores e Montaxe de Estruturas Tubulares
3 edicións gratuítas para desempregados
A Xunta de Galicia financia as 3 edicións que teremos nos centros de Vigo, Lugo e Arteixo do Curso Teórico Práctico en PRL para Operadores de Aparellos Elevadores e Montaxe de Estruturas Tubulares. Trátase dunha formación de 30 horas que permitirá aos destinatarios contar cá formación precisa para traballar con este tipo de estruturas e maquinaria.
As edicións levaranse a cabo nas seguintes datas:
Arteixo: do luns 22 ao venres 26 de outubro, en horario de 15:00 a 21:00 horas
Lugo: do martes 23 ao martes 30 de outubro, en horario de 16:00 a 21:00 horas
Vigo: do martes 23 ao luns 29 de outubro, en horario de 16:00 a 22:00 horas
A formación consta dos seguintes módulos:
1. Tronco Común
1.1. Técnicas preventivas
1.2. Medios auxiliares, equipos e ferramentas empregados a cotío nas obras de construción
1.3. Verificación, identificación e vixilancia do lugar de traballo e a súa contorna
1.4. Interferencia entre actividades
1.5. Dereitos e obrigas
1.6. Primeiros auxilios e medidas de emerxencia
2. Contido formativo específico para Operadores de aparellos elevadores
2.1. Definición dos traballos
2.2. Técnicas preventivas específicas
3. Contido formativo específico para montaxe de estruturas tubulares
3.1. Definición dos traballos
3.2. Técnicas preventivas específica
(Estes dous módulos contarán cun 40 % das horas prácticas)
4. Prácticas complementarias
O único requisito para participar é constar como desempregado, solicita máis información ou reserva a túa praza nos centros: http://ow.ly/Yzs030mgvhY