Servizo integral de prospección de empresas coa contratación de dúas traballadoras durante 7 meses Financiado polo Fondo Social Europeo
O servizo, dará resposta ás necesidades das empresas en materia de emprego
A Fundación Laboral de la Construcción foi beneficiaria dun programa de Cooperación da Xunta de Galicia para a prestación dun Servizo Integral de Prospección de Empresas.
O devandito programa permitirá que dúas traballadoras presten os seus servizos nos centros da Fundación Laboral de Arteixo e Santiago de Compostela. A incorporación destas traballadoras produciuse no mes de decembro, continuando durante 7 meses, ata xuño do 2018.
O servizo de prospección contempla varias fases, que permiten acercarnos ás necesidades das empresas da contorna e dinamizar o tecido empresarial. O servizo xira en torno aos servizos da Fundación Laboral: emprego, formación, orientación e asesoramento en materia de seguridade e saúde.
As empresas da contorna poden beneficiarse de este servizo, para o que poden poñerse en contacto cos centros da Fundación Laboral.
________________________________
A presente convocatoria correspóndese ca ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (Enlace á Convocatoria)
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.